¿Que é a Feira de Santos?

¿Que é a Feira de Santos?

Que é a Feira de Santos?

É unha xornada comercial libre celebrada anualmente dende tempo inmemorial os primeiros de novembro. Ata fai medio século a celebración de Santos en Monterroso estendíase ata tres xornadas ou incluso máis: o día 31 de outubro que comezaban as primeiras transaccións coa chegada dos arrieiros, labregos e tratantes a Monterroso, o 1 que era a propia quenda grande da feira e, o 2 pola mañá na que se producían ao amencer os últimos intercambios comerciais antes de que cadaquén tomara o camiño de regreso cara ao seu lugar de orixe, ou ben en dirección doutra feira de novembro. Antonio Yebra de Ares definiunos esta realidade: “La feria duraba generalmente varios días, antes del primer día del mes y dos o tres días después del contado día” (1987:165).

Na actualidade só ten lugar o día primeiro, aínda que moitos postos xa se asentan a véspera.

Descubrindo a Feira de Santos

Recoñecementos
A Feira de Santos de Monterroso conta co recoñecemento de Festa de Galicia de Interese turístico. O 11 de abril do 2011 a Federación Galega de Municipios e Provincias comunícalle ao concello de Monterroso que lle foi concedida esta categoría. Outro recoñecemento supuxoo o feito de que unha imaxe da Feira de Santos fora empregada polo organismo de Lotería Nacional para o sorteo do día 14 de outubro do ano 2010 dándolle así visibilidade e reputación a nivel estatal.
Definición da Feira de Santos na actualidade
É un evento vivo no que convive a feira tradicional galega coas modernas formas de comerciar. Pero non só o económico é importante no día 1 de novembro, senón que o social, etnográfico, gastronómico, lúdico e cultural danse a man nesta sinalada data para seguir enriquecendo o ideario e a cosmovisión da Ulloa.
Música
A feira de Monterroso ten o seu cantar popular propio “Se ti viras o que eu vín”. A Feira de Santos foi evento frecuentado polos cegos cos seus cantares e pregos. Dende mediados do século XX os vellos pregos de romances foron sustituídos por cancións dos grupos musicais de moda ata principios dos 80 que decaeu esta costume. No 2019, o cantor Toño Núñez, acompañado polo acordeonista Xosé Manuel Miguélez de Santo Xusto, e do neno Brais Gayoso, recuperaron a vella tradición dos Cantares de Cego na feira monterrosina. No ano 2024 o mesmo grupo de artistas volveron representar en Santos un romance de cegos, nesta ocasión acompañados tamén por Mara Veiga.Os mercaderes e os seus produtos chegaban a Monterroso a pé, a cabalo ou en carros dende lonxe, iso explica a súa estancia aquí xa o 31 e a saída cara o seu lugar de orixe o día 2. Moitos deles parraban á volta noutros enclaves de mercado como Penasillás (Chantada) antes do retorno definitivo.
Chegar ata Monterroso
No último século mudou o modo de viaxar cara a Monterroso. Coa chegada das estradas tamén variou o modo de vir facer feira. Apareceron os autobuses, os camións e os mixtos, que relevaron as mulas, aos carros e aos arrieiros. Autobuses que chegaban a Monterroso cada día de Feira eran: empresa Gómez de Castro de Lugo, o San Martín (Ferranchís), Antón de Marcos, empresa Montaña y Martínez, o Ribeirao e o Aceiteiro de Melide, os Sociales de Chantada, empresa Rodríguez con liña Melide-Chantada, o Veloz da Ulloa de Palas, Autos Vázquez (o Rubio) de Taboada, Autos Meixide de Agolada, o Rúa de Antas de Ulla, los Americanos de Dacón, o Valdeporrás, o Castro de Nespereira, o Ruán, o Verín e o Vicentiño.
O símbolo da Feira de Santos
Históricamente existiu un símbolo definidor da Feira de Santos e non era outro que a fieira de recuas de gando camiñando polas distintas vías cara a Monterroso. Ao preguntar ás persoas de idade máis avanzada con que imaxe definirían a Feira de Santos en Monterroso a maioría coinciden en citar o recordo dos distintos camiños que confluían na feira de Monterroso cheos de arrieiros coas súas recuas, gandeiros, tratantes, etc. Esta imaxe do arrieiro encabezando unha fieira de gando que camiñaba unido ao ir atado o rabo do animal que precedía á cabeza do seguinte, foi a que inspirou o símbolo que identifica o Centro de Interpretación “Monterroso a vila das feiras”.
Que se podía mercar na Feira de Santos no século XVIII?
Sabemos que se podía mercar na Feira de Santos en Monterroso por documentos como aquel Informe de franquicia das feiras do Diputado do reino en Galicia don Jacinto de Novoa y Armesto do ano 1798 depositado no Arquivo provincial de Lugo (Leg. 1798, sin. 86) no que da conta como a Santos chegaban mercaderes dende grandes distancias e era unha feira na que ademais das mercadorías comúns e animais que se podían achar en calquera outra feira, aquí tamén era común a venta de cabalos e mulos e incluso, se podían atopar produtos preciosos. Neste documento compara a Santos coa festa do patrón Santiago en Compostela. E mesmo nos define o que é unha feira da época para os habitantes dos arredores: “Los mercados se consideran el punto de reunión, que fijan diferentes pueblos circunvecinos para procurarse de parte a parte los articulos que necesitan por medios delos contratos de compraventa y algunas permutas con lo que consiguen parte del remedio asu necesidad, y, a favor del travajo, y la aplicación diaria á las ocupaciones que le facilitan su escasa subsistencia; y si se quitasen ó minorasen los mercados, resultaría en un Reino como Galicia, compuesto casi de colonos, y jornaleros que severían privados aperder las utilidades y el premio desu industria y travajo.” (folio 23)
Qué se pode mercar na actualidade na Feira de Santos?
Na Feira de Santos na actualidade pódese mercar case o que se nos antolle, a razón da oferta desmesurada é debido a gran cantidade de postos de distintas mercadorías que se desplazan ata Monterroso cada ano, superando o centenar. A maiores para dar cumprida satisfacción á demanda todos os comercios e negocios estables da vila abren nesas datas de xeito que non habemos botar de falta nada. Para redondear a extensa oferta, vendedores con produtos locais como queixos, mel, touciños, castañas, noces, pan, untos, manteiga, abelás, allos, cebolas, verdura... sitúanse dentro da edificación chamada Cúpula que funciona como unha concurrida praza de abastos no que o excedente agrícola atopa o lugar onde ser vendido. Produtos foráneos e produtos ulloáns comparten solar cada día 1 de novembro en Monterroso. Despois de máis de 800 anos documentados de Feira de Santos en Monterroso, esta segue sendo un evento vivo no que convive a feira tradicional galega coas modernas formas de comerciar.
Quén son os feirantes de Santos en Monterroso?
Ademais dos veciños dos concellos e comarcas de arredores nesta data achéganse a Monterroso xentes de toda Galicia. Autobuses dende os puntos máis diversos de Galicia chegan a Monterroso para a ocasión á mañá cedo e saen de Monterroso xa ben caída a tardiña. A Feira de Santos congrega a miles de persoas en Monterroso e por iso é preciso garantir a seguridade. Nesa data refórzase o sistema de seguridade e o servizo de axentes que regulan o tráfico para asegurar fluidez nas distintas entradas e saídas de Monterroso .
Interrelación entre a Feira de Santos e a vila
Na actualidade Monterroso queda pequeno na xornada do 1 de novembro, miles de persoas visitan a vila, feirean, aparcan os seus vehículos, degustan as nosas comidas, pasean, mocean, traballan, desfrutan... Santos é a meirande feira do ano en Monterroso, aínda que todas as chamadas “feiras de inverno”, (outubro, novembro, decembro, xaneiro e febreiro) son importantes. A vila de Monterroso debe a súa existencia ás feiras de Monterroso. De feito o solar que hoxe ocupa a cabeceira municipal foi o lugar onde historicamente se vén celebrando a feira dende tempo inmemorial. A vila naceu arredor dos feirais. San Miguel de Esporiz foi cabeceira municipal ata que esta se trasladou definitivamente á nova parroquia civil de recente creación que era San Miguel de Monterroso no século XX, que se impuxo por número de habitantes e negocios de importancia, promocionada polas Feiras do día 1. O nacemento da nova vila marcao o comezo da edificación da igrexa (foi dada a autorización no 1909). Unha nacente capital municipal precisaba duns símbolos que a identificaran, e contar cun templo era indispensable. O tirón que a feira de Monterroso tivo historicamente xustifica que a capital municipal se asente arredor dos feirais e non arredor do Camiño Francés como adoita acontecer nos outros concellos por onde tal vía transita.
Foi a Feira de Santos só un evento económico ao longo da súa historia?
Santos foi tradicionalmente unha quenda económica no centro de Galicia, pero quedarse con esa idea sería moi empobrecedor, porque ademais das compras, vendas a estancia en Monterroso era aproveitada para moitos outros quefaceres: ir ao barbeiro, falar co albeite, verse co avogado, consultar unha doenza co médico... Segundo se desprende da análise de cen documentos de entre os séculos XVI ao XIX que obraban no arquivo de d. Carlos Méndez, un terzo das escrituras notariais levantadas en Monterroso, tiñan lugar na feira. Tamén diferentes taxas se pagaban os días de feira. Pero tamén a estadía aquí era aproveitada para pedirlle palabra a algunha moza, parrafear, comprar uns pregos co último romance que relataba feitos truculentos...
Os solares da feira
No século XXI os solares da Feira de Santos de Monterroso son o conxunto da vila monterrosina máis parte de Seteigrexas onde no ano 2000 se construíron os actuais pavillóns do mercado gandeiro. Mais non sempre foi así. Sabemos que o primitivo lugar de celebración da feira foi na contorna do lugar chamado Feiravella, enclave que se situaba entre as parroquias de Sirgal e Esporiz, pero ata o momento descoñecemos en que momento se produciu o cambio de situación para o lugar onde hoxe se ergue a vila. No Catastro do Marqués de Ensenada, parroquia de San Miguel de Esporiz, xa se refire á Feiravella con tal nome, quere esto dicir que xa fora trasladada a feira ao novo sitio. O señor de Podente don Manuel Bernardo Rivera no verán de 1790, cando se produciron as sublevacións polo incremento das taxas reais e o cobro das mesmas por parte dos alcabaleiros reais, pretende que non se volva celebrar feira en Monterroso nas inmediacións do Pazo de A Laxe e que se traslade para o Monte Orgoso, na parroquia de Bidouredo. De feito, na feira de agosto houbo feirantes nos dous enclaves, no Orgoso e en Monterroso.
Refráns e ditos relacionados con Santos e coa feira de Monterroso
A tradición de cría de cabalos e venda na Ulloa está documentada dende a Idade Media tal como se pode comprobar nalgún documento do Tombo de Ferreira de Pallares, no que se fala de cría de gando solto nos montes de Marzán e Ligonde. A importancia deste tipo de gando perdurou ata a década dos 70 do século XX, pois empregábase para a roturación de campos e tamén para o carrexo en terras de fóra de Galicia. Ata tal punto foron recoñecidas estas bestas que deron lugar a expresións como “as mulas de Monterroso eran os tractores de Castela”.
Como naceu a Feira de Santos?
A Feira de Santos como as demais feiras do día primeiro en Monterroso parece que naceron pola concentración de vendedores na confluencia de camiños que tiñan lugar nas inmediacións da actual vila de Monterroso. Ata o momento non apareceu o documento fundacional, pero o que si sabemos é que no 1219 esta xa se celebraba e tiña recoñecemento e afluencia de público. Pois neste ano é cando o mosteiro de Sobrado consegue a concesión real de poder cobrar o Pedaticum do sal na feira de Monterroso. O pedaticum viña a ser unha taxa que se lle impoñía ao sal, o cal era monopolio real.
Naceu a Feira de Santos de Monterroso como feira franca?
A Feira de Santos foi unha feira franca dende tempo inmemorial. Nin siquiera no ano 1790, momento no que Carlos IV ordea que os alcabaleiros reais perciban as rendas en todas as feiras, se produciu este pagamento. A razón foi o levantamento que contra esta ordeanza real xurdiu o 1 de xullo na propia feira de Monterroso e que impediu que os funcionarios estatais puideran efectuar o seu traballo. Esta revolta foi levada a cabo pola Partida da Ulloa, homes, principalmente mozos da xurisdición de Monterroso e da Ulloa que se ergueron contra a imposición de tales taxas, dirixidos por Manuel Bernardo Rivera, señor da Casa de Podente. Estendeuse por toda Galicia e obrigou a que a Junta Suprema do Estado suprimira tales impostos ordenándolles aos directores xerais de rendas que se absteñan de cóbralos nas “ferias que hasta aquí se han celebrado en calidad de francas”. Nesta feira de Santos do 1790 estreouse Fernando Joanes quen pronto sería erixido a comandante a soldo cobrando quince reales diarios.
Image
Image
800 anos de tradición, esencia e vida

Feira de Santos

  • Image
  • Image
  • Image
  • Image
0 MIL+

VISITANTES CADA ANO

0 +

ANOS DE TRADICIÓN

0 +

POSTOS E EXPOSITORES

0 día

DUNHA CELEBRACIÓN ÚNICA

La Feira de Santos de Monterroso es una de las citas más emblemáticas del otoño gallego. Según La Voz de Galicia, "la Galicia rural brilla en la Feira de Santos de Monterroso", destacando la animación y la variedad de puestos que convierten a la villa en un extenso y variopinto mercado.

lavozdegalicia.es

El Progreso de Lugo resalta que "miles de personas disfrutan en Monterroso de la gran feria del otoño lucense", subrayando la masiva afluencia de visitantes que acuden cada año a este evento tradicional.

elprogreso.es
Featured Artists
Visit the National Wandau Museum

Featured Artists

Cable Griffith – Ghost Tree

Cable Griffith – Ghost Tree

2018 Original acrylic on paper

Modern Home with Shark

Modern Home with Shark

2019 Original acrylic on paper

Love Love Me Do Bull Terrier

Love Love Me Do Bull Terrier

2021 Original acrylic on paper